Hackathon eleccións europeas 2014

Xornada de experimentación e diversión a partir dos resultados das eleccións Europeas 2014 en España. Nel participamos A navalla suíza e máis amigos, e contamos coa colaboración de Praza Pública e eldiario.es para a súa publicación.

Todo o material producido é código libre (CC-by). Copia, corrixe, reutiliza como che apeteza. Tanto o código como os datos (con coidado, son miles de arquivos) están dispoñibles en github. Se precisas os orixinais dos datos, tamén podes descargar os JSON e CSV en bruto.

Neste proxecto colaboraron: Álvaro Gómez, Andrea López, Berto Yáñez, Carlos Neira, Grial Parga, Jorge Fuentes, José Doval, Marcos Pérez Pena, Óscar Otero, Ramón Antonio Parada, Xabier Cid

Se ves erros ou se tes propostas para mellorar isto, avísanos a @anavallasuiza, porfa.

Tweets about "#eurohack"